Publicado por ACLUNAGA (27/08/2020)
Aberta a segunda convocatoria de Adopters do proxecto C-Voucher. A iniciativa- na que Aclunaga colabora con GAIN (socio do proxecto) na difusión, apoio e dinamización do programa- pretende atraer a pequenas e medianas empresas dos ámbitos da saúde, economía azul, textil, agroalimentación e fabricación que queran desenvolver plans empresariais circulares para transformar as actuais cadeas de valor lineais en cadeas de valor circulares. A convocatoria permanecerá aberta ata o 30 de outubro de 2020 ás 17h
● C-VoUCHER é a primieira iniciativa pan-europea que distribuirá 15.000 € ás PEMES para desenvolver os seus plans de negocio enfocados a implantar a Economía Circular. O obxectovo é reformar e redeseñar as cadeas de valor lineais para trasnformalas en circulares.
● 24 PEMEs participarán nun programa de 3 meses no que terán acceso ao apoio personalizado dun experto e a sesións de mentorización para acceso a financiamento
A segunda convocatoria de Adopters do proxecto C-Voucher, no que GAIN é socio, publicouse o pasado 3 de agosto co fin de atraer pequenas e medianas empresas dos ámbitos da saúde, economía azul, textil, agroalimentación e fabricación que queran desenvolver plans empresariais circulares para transformar as actuais cadeas de valor lineais en cadeas de valor circulares. A convocatoria permanecerá aberta ata o 30 de outubro de 2020 ás 17h.
Animaráse ás PEMEs que concurran a esta convocatoria a que desenvolvan solucións circulares innovadoras baseadas en:
● As Solucións Circulares desenvolvidas nos dous progamas de circularidade levados a cabo en C-VoUCHER.
● Nun novo modelo circular baseado nun "circular building block" en Simbiosis Industrial, Eficiencia de recursos materiais, enerxía renovable e eficiencia enerxética, produtos biolóxicos, extensión do ciclo de vida do produto, economía de rendemento, economía compartida e economía de plataforma).
24 PEMEs obterán 15.000 € (para cubrir os custes da súa participación no programa) e acederán a o Programa de Réplica da Cadea de Valor (cunha duración de ata 3 meses en total), que inclúe:
● Ata 1 mes de apoio dun experto técnico durante a fase creativa de desenvolvemento do modelo empresarial.
● Apoio na identificación de outras posibilidades de financiamento para a implementación do plan de negocio, a través de sesións de mentoring con expertos en financiamento público e privado.
As PEMEs interesadas en crear os seus modelos de negocio circulares poderán APLICAR á 2ª Convocatoria de Adopters antes do 30 de outubro de 2020 ás 17:00h.
C-VoUCHER é a primeira iniciativa pan-europea, financiada porla Comisión Europea, enfocada na adopción do concepto de Economía Circular para transformar cadeas de valor lineais en modelos circulares. O proxecto distribúe un total de 4.2 millóns de € a PEMEs ao longo de 4 convocatorias.
Os socios de C-VoUCHER
O Consorcio de C-VoUCHER está composto por 13 socios de 6 países (Polonia, Francia, España, Dinamarca, Rumanía and Suecia):
FundingBox Accelerator, BLUMORPHO, Foreningen MADE, Lifestyle and Design Cluster, Green Ship of the Future Initiative, FundingBox Communities, Axencia Galega de Innovación (Galician Innovation Agency), Agencja Rozwoju Mazowsza Spolka Akcyjna (Mazovia Development Agency S.A.), Agentia de Dezvoltare Regionala Nord-Vest (Regional Development Agency of Nord-West), SYSTEM@TIC PARIS REGION, Tillväxtverket (Swedish Agency for Economic and Regional Growth), and Vejle Kommune (Denmark).
http://smes-open-call.fundingbox.com/
Contacto para máis información: c-voucher.hepldesk@fundingbox.com